Xeiras micolóxicas

As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista Adenco puxéronse en marcha en 1990, meses despois de constituirse o colectivo, realizándose ininterrumpidamente dende entón, chegando a realizar actividades dirixidas a cativos e maiores en diferentes concellos da comarca.

As Xeiras son un referente para a sociedade e contribuiron a achegar a micoloxía ao público en xeral, ao tempo que valeron e aínda son hoxe útiles para achegarse a lugares de beleza extraordinaria que existen na nosa comarca, póndoos en valor con respecto, baixo a premisa de que será imposible conservar e protexer o que non se coñece.

 

COORGANIZA: