Descubrindo o mundo dos cogomelos desde 1990

O Grupo Ecoloxista ADENCO leva organizando actividades micolóxicas desde a súa constitución, no ano 1990. Así, este ano 2019, festamos trinta anos de actividades, de Xeiras, de actividades para pór en valor a nosa riqueza micolóxica. Trinta anos descubrindo cogomelos, acercando a micoloxía á sociedade, introducindo a ecoloxía na micoloxía e divulgando o valor ecolóxicos dos cogomelos.

Así, un dos nosos propósitos, acercar á micoloxía á sociedade e introducir a ecoloxía na micoloxía pensamos que se logrou. Como di a mestra Helena Villar Janeiro, pasamos da micofobia á micofilia. E, modestamente, a isto pensamos que contribuímos.

Queda moito por facer pero trinta anos de charlas, roteiros, exposicións, visitas a centros de ensino, saídas con escolares…todo implicou moito esforzo, pero mereceu a pena! Ogallá veñan outros trinta anos de Xeiras, ou non. Pero vendo atrás, que bonito foi!

Comenta